martes, 3 de junio de 2014

DEVESA DA ROGUEIRA. SERRA DO CAUREL

Que esperas de vellas carpetas de neves vellas con vellas ideas? Pasos pronunciados na busca da luz das neves do cuco de hai pouco máis dun ano. Si, sempre na pescuda de luces; aínda non o sabía pero xa andaba querendo unha luz como a de Artouste.
Coa cabeza apoiada no montón de pedras na cima do monte Formigueiros, ao que subira a render contas, pensei en como sería a luz dun día tan raro no interior do vello bosque da súa aba norte. Saín do saco roxo para baixar preguiceiro polo camiño que leva directo ás fontes. Lembro ter pensado mentres baixaba se non me estaría equivocando... de súpeto, a luz filtrada polas primeiras abeleiras sacoume dunha poderosa corrente de pensamentos fríos.
Neve, mofo, auga, silencio, pedra, follas revivindo e... aquel olor a terra que aínda estaba por chegar a mil quilómetros de aquí.
Tal vez as imaxes non sexan máis que outra proba de que estaba alí deixando un regueiro de absurdas gotiñas vermellas sobre a neve... como Nena Daconte. Agora vexo que só era un intento de volver a poder nun lugar coñecido, fácil, confortable e reconfortante.

¿Qué esperas de viejas carpetas de nieves viejas con viejas ideas? Pasos pronunciados en busca de la luz de las nieves del cuco de hace poco más de un año. Sí, siempre buscando luces; todavía no lo sabía pero ya andaba queriendo una luz como la de Artouste.
Con la cabeza apoyada en el montón de piedras en la cima del monte Formigueiros al que subí a rendir cuentas, pensé en cómo sería la luz de un día tan raro en el interior del viejo bosque de su falda norte. Salí del saco rojo para bajar perezoso por el camino que lleva directo a las fuentes. Recuerdo haber pensado mientras descendía si no me estaría equivocando... de pronto, la luz filtrada por los primeros avellanos me sacó bruscamente de una poderosa corrientes de pensamientos fríos.
Nieve, musgo, agua, silencio, piedra, hojas reviviendo y aquel olor a tierra que todavía estaba por llegar a mil kilómetros de aquí.
Tal vez las imágenes no sean más que otra prueba de que estaba allí dejando un reguero de absurdas gotitas rojas sobre la nieve... como Nena Daconte. Ahora veo que sólo era un intento de volver a poder en un lugar conocido, fácil, confortable y reconfortante.










2 comentarios:

  1. Me encantan las fotos, muy bueno! :D

    ResponderEliminar
  2. Gracias pola visita Bruno. Vémonos.

    ResponderEliminar