domingo, 11 de mayo de 2014

POLOS CAMIÑOS DO CAROCEIRO E FERRADAL OU DA CALEIRA: OUTEIRO-VILARMEL-RUGANDO-PARADASECA-PONTE SOLDÓN

Unha vez máis non podo empezar doutro xeito: "Más allá de cualquier idea de buenas o malas obras se extiende un campo. Nos encontraremos allí..." . Jalaluddin Rumi.
Aquí, agora, o campo pode ser este... percorrelo en silencio e agradecer a vida. Despois, cando sexa, verémonos nun moito máis extenso e máis verde rodeado de montañas coroadas de branco.
Dende o mesmo campo dos bolos do lugar de Outeiro, cruzando o río Soldón, que ven de nacer val arriba, éntrase en algo semellante ao mar Dothraki  con uces de varias cores que recenden a mel na primavera e desprenden o murmurio  de millóns de abellas. Baixo a fervenza estacional do Caroceiro, unha vez superado o regato que baixa de Rinán... sendeiro serpeante debuxado sobre lousas pulidas nun mar interior dende o que, si, tamén se escoita o mar salgado de afora... Vilarmel, Rugando co apagado son metálico dos ferróns. Paradapiñol, arroios que baixan rápido de Ceireixido e Fiais, pasar por alí invita a sumirse nunha bruma de espuma das fervenzas inexistentes que tratan de penetrar na lousa impenetrable, ponte do Frade,  tremente por pernas trementes... caleira de Paradaseca e túnel de Pena Furada, antigüidade en estado puro abandonada como os círculos máxicos de pedra para reter o mel, o mel, o mel... -xa trasno, a mesma que viaxou ao sur con centros de verbas doces. Paradaseca, ruxido do ferro que non cesou na de Gorgueira e abrigo de Ricopete, non sabería que dicir. O río Soldón remata na ponte, onde se iniciaron os cadernos da vertixe, ao chocar contra o tranquilo Sil.
Ves?

Una vez más no puedo empezar de otro modo: "Más allá de cualqier idea de buenas o malas obras se extiende un campo. Nos encontraremos allí..." Jalaluddin Rumi.
Aquí, ahora, el campo puede ser este... recorrerlo en silencio y agradecer la vida. Depués, cuando sea, nos veremos en uno más extenso y más verde rodeado de montañas coronadas de blanco.
Desde el mismo campo de los bolos del pueblo de Outeiro, cruzando el río Soldón que acaba de nacer valle arriba se entra en algo similar al mar Dothraki de brezo de varios colores que huelen a miel en primavera y desprenden el susurro de millones de abejas. Bajo la cascada estacional del Caroceiro, una vez sobrepasado el arroyo que baja de Rinán... sendero serpenteante dibujado sobre losas pulidas en un mar interior desde el que..., sí, también se escucha el mar salado de afuera... Vilarmel, Rugando con el apagado sonido metálico de los "ferróns". Paradapiñol, arroyos que bajan rápido de Cereixido y Fiais, pasar por allí invita a sumirse en la bruma de la espuma de cascadas inistentes que tratan de penetrar la pizarra impenetrable, "ponte do Frade" temblorosa por piernas temblorosas... calera de Paradaseca y túnel de Pena Furada, antigüedad en estado puro abandonada como los círculos mágicos de piedra para retener miel, miel, miel... -ya duende, la misma que viajó al sur con cientos de dulces palabras. Paradaseca, ruido de hierro que no cesó en la Gorgueira y abrigo de Ricopete, no sabría que decir. El río Soldón se acaba en el puente, donde se iniciaron los cuadernos del vértigo, al chocar contra el tranquilo Sil.
¿Vienes?


Rego e fervenza do Caroceiro preto de Outeiro

A Cruz de Outeiro  e val do río Soldón

Val do río Soldón dende o camiño do Caroceiro


Val do río Soldón dende o camiño do Caroceiro a punto de cambiar á vertente do rego de Vilarmel
Vilarmel e val do regato de Vilarmel

Monte de Vilarmel

Fervenza no rego de Vilarmel


Camiño Ferradal ou da Caleira preto de Paradapiñol

Camiño do Ferradal ou da Caleira entre Rugando e Paradapiñol

Camiño do Ferradal ou da Caleira entre Rugando e Paradapiñol

Val do Soldón e Paradapiñol dende o camiño Ferradal ou da Caleira

Río Soldón baixo a ponte do Frade

Ponte do Frade dende o río Soldón

Formacións características (orellas de lobo) en Rocaboa, sobre o río Soldón

Val do río Soldón con Rocaboa ao fondo dende o camiño que vai dende Pena Furada a Paradaseca

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada