jueves, 17 de octubre de 2013

RÍO LOR

"Miña terra fermosa / anda entre ríos deitada". Eduardo Moreiras. Os nobres carreiros.
 
-Pois non trasno, tampouco eran para min. Tiña que renovar o arquivo e aproveitei...-. Non hai quen engane a este pequeno ser de mirada sinxela e diáfana. Está contento, as imaxes de hoxe lémbranlle ao seu bosque húmido e supoño que rematará poñéndose morriñento. Eu pensei que elfos, fadas e demais seres máxicos non tiñan sentimentos deste tipo, estaba equivocado; non hai moito tempo vin chorar ó trasno, é un segredo.
De todos os xeitos, fai un anaco, apoiado no marco dunha fiestra; sentín o mar, veu de súpeto un olor salgado. Non acabo de entendelo, ou si?...
 
Eduardo Moreiras na súa Primaveira no Lor definira nunha fermosa personificación "as tres idades do Lor": o Lor-neno no seu nacemento na montaña. -"Dende o Cebreiro o Lor baixa namorando os ceos da montaña"-, Lor-mozo que "baixa a modo (...) as terras do Caurel, saltando as presas para soñar no relanzo" e o Lor-home no seu encontro final co Sil. Celia Díaz Núñez. Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores.
 
Non estou moi seguro, creo que estas imaxes correspóndense coa mocidade do Lor, dende Valdomir ata Paramedela...
 
Regueiro en Valdomir rematando no río Lor
 
Pincheira na estrada en Valdomir


Fervenza de Ruxiu entre Valdormir e Vilamor
 
Río Lor baixo Froxán


Muíño fariñeiro en Froxán


Froxán


Castro Portela


Santigoso


Alvariza en Paramedela


Río Lor baixo Paramedela


Río Lor baixo Paramedala
 
"Debruzado na fiestra, ollo a lúa cintilar nas lousas dos tellados. Ven a brisa do río e remexe as follas da sobreira, espalla o luar polo prado.
É noite pra soñar..."
Primaveira no Lor. Eduardo Moreiras.
Eu, debruzado na miña fiestra, baixo a opaca iluminación da lúa de outono, estou escoitando o mar. Non quero entendelo pero entendo... agora, neste universo dunha soa lúa xa todo é posible. Só sinto envexa... O trasno está a negar coa cabeza, non pode comigo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada