jueves, 13 de agosto de 2015

V FESTA DO OURO EN MARGARIDE DO LOR

Xa levan cinco edicións decorando a súa vila ao carón do río Lor (que compre ter presente que é o río máis elegante da terra) para non esquecer o pasado. Para tentar sentirse como se sentirían hai moitos séculos os antergos poboadores deste couto mineiro do baixo Lor. A sensibilidade dalgunhas personas non ten límite e ano tras ano están aí; paréceme admirable porque eles son a cultura. Cultura só hai unha, nin grande, nin pequena... so unha que nos fai mellores a todos. Admiro á xente que escoita, que observa, que é quen de deixar as súas cousas cotiáns para volver atrás. Dá igual onde!
Entre os "medos" de Margaride do Lor hai cinco anos que se sinte o pasado, liviá, festivo... somos o que fomos.
Que chamen a un para falar do pasado nun lugar así non ten prezo.


O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz

O Medo, Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz

Cova grande do Medo de Margaride do Lor. Foto, Celia Díaz

Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz

Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz

Charlando cos veciños de Margaride do Lor na cova grande do Medo. Foto, Celia Díaz