lunes, 30 de junio de 2014

BURACA DAS CHOIAS. VISUÑA. SERRA DO CAUREL

Nunca se sabe.
Data complexa polos paralelismos.
Tarde calurosa para deixar de creer en fadas e trasnos.
Canto tempo son dez anos?
Outra tarde de choiva. Seguirá chorando Silvia?
Só roubar anacos de ilusión e forza da xente que quere ir, ninguén imaxina o que se agacha baixo a terra. Lembro as túas historias do Caucaso... podes lembrar? Lembro aos que xa non están codiciando comigo as sombras que non son para todos os ollos, a música de Extremoduro soando nunha curva inmensa ao irse un día de moitos barros e humidades.
Realmente trátase de roubar ilusión...





sábado, 28 de junio de 2014

A ÁRBORE DO TRASNO. EL ÁRBOL DEL DUENDE

Os entaladoiros (val das mouras). Mercurín. Serra do Caurel

Os entaladoiros (val das mouras). Mercurín. Serra do Caurel

Por que soou na radio do coche aquela mañá mentras subía a encontrarme con eles "Ojalá" de Silvio Rodríguez?
O único que puiden facer foi esbozar un sorriso e pensar con nostalxia que si, que o tempo pasara, que hai cousas incomprensibles... coincidencias?, azares? Non o sei, non o souben.
A canción foise e deixou un rastro de melancolía, de cancións de covas con sabor a barro.
Por que vas a facelo outra vez? Como te atreves? No maletero de contrabando viaxan sacas amarelas, corda, arneses, cascos, carburo... incluso carburo. Aquelas pedras que sobraran de outra vida... de aquela tarde chuviosa de calquera mes dun ano que xa non recordo... Recordo agardar tirado a escuras no sofá dunha casa que foi miña escoitando o sonido dunha chuvia incesante. Imaxino que imaxinaría como sería dar pasos que non nos corresponden, supoño... non o recordo.
Foi indoloro, sorpresivo... a mente viaxou á humidade extrema que, polo visto, continuaba incrustada nos ósos malia o paso do tempo implacable. Non fun capaz de entendelo: sentinme ben, todo seguía no seu sitio. Na lama pegadas vellas... no aire olores recoñecibles... os mesmos camiños e as súas historias repetidas ata facerse realidade.
Nunca pensei que todo o que veu despois fose posible con tan pouco ruido.
Agora entendo en toda a súa extensión o denominado "efecto mariposa". Ese simple xesto de pequenas mans impulsadas por algo próximo á rabia posibilitouno todo: de non querer a querelo todo. Mira, ao final conseguíchelo e nunca vas a sabelo. A cremallera do enorme petate roxo está a punto de pecharse para voar ás montañas das que tanto falamos... como a lúa do poeta?
...mentras tanto a árbore do trasno crebouse de pena!

¿Por qué sonó en la radio del coche aquella mañana mientras subía a encontrarme con ellos "Ojalá" de Silvio Rodríguez?
Lo único que pude hacer fue esbozar una sonrisa y pensar con nostalgia que sí, que el tiempo había pasado, que hay cosas incomprensibles... ¿coincidencias?, ¿azares? No lo sé, no lo supe.
La canción se fue y dejó un rastro de melancolía, de canciones de cuevas con sabor a barro.
¿Por qué vas a hacerlo otra vez? ¿Cómo te atreves? En el maletero de contrabando viajan sacas amarillas, cuerda, arneses, cascos, carburo... incluso carburo. Aquellas piedras que sobraran de otra vida... de aquella tarde lluviosa de cualquier mes de un año que ya no recuerdo. Recuerdo esperar tirado a oscuras en el sofá de una casa que fue mía escuchando el sonido de una lluvia incesante. Imagino que imaginaría cómo sería dar pasos que no nos corresponden, supongo... no lo recuerdo.
Fue indoloro, sorpresivo... la mente viajó a la humedad extrema que, por lo visto, continuaba incrustada en los huesos a pesar de un paso del tiempo implacable. No fui capaz de entenderlo: me sentí bien, todo seguía en su sitio. En el barro huellas viejas... en el aire olores reconocibles... los mismos caminos y sus historias repetidas hasta hacerse realidad. 
Nunca pensé que todo lo que vino después fuera posible con tan poco ruido.
Ahora entiendo toda la extensión del denominado "efecto mariposa". Un simple gesto de pequeñas manos impulsadas por algo próximo a la rabia lo posibilitó todo: de no querer a quererlo todo. Mira, al final lo conseguiste todo y nunca vas a saberlo. La cremallera del enorme petate rojo está a punto de cerrarse para volar a las montañas de las que tanto hablamos... ¿cómo la luna del poeta?
¡...entre tanto el árbol del duende se partió de pena!

martes, 3 de junio de 2014

DEVESA DA ROGUEIRA. SERRA DO CAUREL

Que esperas de vellas carpetas de neves vellas con vellas ideas? Pasos pronunciados na busca da luz das neves do cuco de hai pouco máis dun ano. Si, sempre na pescuda de luces; aínda non o sabía pero xa andaba querendo unha luz como a de Artouste.
Coa cabeza apoiada no montón de pedras na cima do monte Formigueiros, ao que subira a render contas, pensei en como sería a luz dun día tan raro no interior do vello bosque da súa aba norte. Saín do saco roxo para baixar preguiceiro polo camiño que leva directo ás fontes. Lembro ter pensado mentres baixaba se non me estaría equivocando... de súpeto, a luz filtrada polas primeiras abeleiras sacoume dunha poderosa corrente de pensamentos fríos.
Neve, mofo, auga, silencio, pedra, follas revivindo e... aquel olor a terra que aínda estaba por chegar a mil quilómetros de aquí.
Tal vez as imaxes non sexan máis que outra proba de que estaba alí deixando un regueiro de absurdas gotiñas vermellas sobre a neve... como Nena Daconte. Agora vexo que só era un intento de volver a poder nun lugar coñecido, fácil, confortable e reconfortante.

¿Qué esperas de viejas carpetas de nieves viejas con viejas ideas? Pasos pronunciados en busca de la luz de las nieves del cuco de hace poco más de un año. Sí, siempre buscando luces; todavía no lo sabía pero ya andaba queriendo una luz como la de Artouste.
Con la cabeza apoyada en el montón de piedras en la cima del monte Formigueiros al que subí a rendir cuentas, pensé en cómo sería la luz de un día tan raro en el interior del viejo bosque de su falda norte. Salí del saco rojo para bajar perezoso por el camino que lleva directo a las fuentes. Recuerdo haber pensado mientras descendía si no me estaría equivocando... de pronto, la luz filtrada por los primeros avellanos me sacó bruscamente de una poderosa corrientes de pensamientos fríos.
Nieve, musgo, agua, silencio, piedra, hojas reviviendo y aquel olor a tierra que todavía estaba por llegar a mil kilómetros de aquí.
Tal vez las imágenes no sean más que otra prueba de que estaba allí dejando un reguero de absurdas gotitas rojas sobre la nieve... como Nena Daconte. Ahora veo que sólo era un intento de volver a poder en un lugar conocido, fácil, confortable y reconfortante.